IMPERIOS E DANZAS.AS ESPAÑAS PLURAIS DO FRANQ(PREMIO R.PIÑE

23,95 €

El precio y la disponibilidad pueden variar. Por favor, verifica esta información en la tienda antes de finalizar tu compra.

Comprar Online
Descripción
Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade e diversas manifestacións, un discurso e unha praxe da pluralidade etnoterritorial, compatíbel cun valor supremo, a centralidade dunha nación. En España, o nacemento do fascismo estivo ligado a unha reacción contra dos nacionalismos subestatais e a un desexo de reestruturar a relación histórica entre Estado e nación, e por tanto a inserir novas compoñentes que reflectisen a súa variedade interna, aínda que non en clave política. Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais coma locais, por parte do réxime franquista. O historiador Xosé M. Núñez Seixas estuda a relación entre diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debates sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas , xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime. PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2020