Libro das contrarias

16,95 €

El precio y la disponibilidad pueden variar. Por favor, verifica esta información en la tienda antes de finalizar tu compra.

Comprar Online
Descripción
Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fátima, ornitóloga na universidade de Cornell, rexeita participar na busca por considerar imposible a súa localización. Porén, a mensaxe da antiga amante impúlsaa a viaxar ata Lisboa. Alí visita unha exposición fotográfica en cuxas imaxes cre recoñecer a Sofía. Cun foco iluminando sempre a ciencia e a arte, paixón das protagonistas, «Libro das contrarias» é unha deliciosa novela que nos convida a gozar de marabillosos lugares e a vivir situacións de emoción plena.